Skip to Content

Benvida

Benvidos á web do CEIP Plurilingüe A Florida

Sanxenxo

 

 

Rúa Ricardo Santos, nº 16

Sanxenxo

Teléfono Dirección 886.151.645

Teléfono Infantil   886.151.649

ceip.aflorida@edu.xunta.gal

 

 Proxectos na escola

    

Programa de Apoio, Reforzo Educativo na Competencias e Orientación Educativa para favorecer a participación do alumnado no grupo-clase e a consecución do seu máximo desenrolo emocional, intelectual, social e profesional para seguir avanzando cara á consecución dunha escola de calidade e inclusiva que responda ás necesidades de todo o alumnado, para continuar traballando no fomento do éxito escolar e persoal.

   

Entrega de informes e boletíns ás familias

Entrega de Informes e boletíns ás familias

Segundo Orde 3 de maio de 2023 pola que se aproba o Calendario Escolar do curso 2023/2024, a sesión de avaliación final terá lugar a partir do 21 de xuño, polo que dende o Claustro do noso centro decidiuse facer entrega dos boletíns de notas o martes 25 por medio da Aplicación Abalar.

Por outra banda, é novidade entregar ás familias dos cursos que rematan ciclo e etapa (6° de Ed. Infantil e 2°, 4° e 6° de Ed. Primaria) un informe final de ciclo e etapa complementario ao boletín de notas.

Como este informe non é posible envialo por Abalar citámolos o vindeiro mércores, 26 de xuño no horario que cada titora ou titor vos indicou polo abalar para para facerlles entrega de dito informe.

Familias:

 - Boletíns: chegarán ás familias por Abalar o martes 25 ás 10:00 horas.

- Informes 6º Educación Infantil: entregaranse ás familias o informe final de ciclo o   mércores 26 no horario que cada titora ou titor vos indicou polo abalar.

- Informes Primaria: Entregaranse ás familias este mércores 26 no horario que cada titora ou titor vos indicou polo abalar.

Sanxenxo a 19 de xuño de 2024

A Dirección do centro

 

Documentación adxunta:

NORMATIVA RECLAMACIÓNS

PRAZOS RECLAMACIÓNS

MODELO RECLAMACIÓNS

Modelo expediente reclamación DECISION TITULACION PROMOCIÓN 2024

 

ADMISIÓN ALUMNADO INFANTIL E PRIMARIA CURSO 2024-2025

 

Parabéns a todas e todos! As solicitudes presentadas foron admitidas e iniciaremos o proceso de matrícula segundo o calendario establecido sendo alumnado do noso centro para o vindeiro curso 2024-2025.

 

 

Vacantes centro para o curso 24-25. Datos de marzo do 2024.

 

CURSO 2024-2025

CURSO

Alumnado

Vacantes

UNIDADES

 
 
 

EDUCACIÓN INFANTIL

3 anos A

20

0

1

 

4 anos A

18

7

1

 

5 anos A

22

3

1

 

Total Infantil

60

29

3

 

EDUCACIÓN PRIMARIA

1º A

14

11

2

 

1º B

14

11

 

2º A

22

3

1

 

3º A

14

11

2

 

3º B

15

10

 

4º A

22

3

1

 

5º A

16

9

2

 

5º B

14

11

 

6º A

14

11

2

 

6º B

15

10

 

Total Primaria

159

87

10

 

TOTAL ESCOLA

219

106

13

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Sanxenxo a 24 de outubro de 2024

 

Normativa relacionada período de matrícula:

  • Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

  • Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

  • Orde do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa e derroga o artigo 44 da Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

 

Para a solicitude de praza, precisades:

DO 1 AO 20 DE MARZO DE 2024

 Periodo de admisión. Solicitude de praza para:

          ·         O alumnado que se incorpora por primeira vez ao sistema educativo. (4º de Infantil) (3 anos).

          ·         Os que cambian de centro de maneira voluntaria. (Sempre co certificado do padrón actualizado e na zona de influencia)

25 DE ABRIL DE 2024

 Publicación listaxe provisional de admitidos.

          ·         5 días hábiles para formular a posible reclamación (dende o día seguinte da súa publicación)

15 DE MAIO DE 2024

 Publicación listaxes definitivas no taboleiro do centro.

DO 20 AO 30 DE XUÑO DE 2024

 Formalización de matrícula.

Distribuir contido


by Dr. Radut