Entrega de informes e boletíns ás familias
Entrega de Informes e boletíns ás familias
Segundo Orde 3 de maio de 2023 pola que se aproba o Calendario Escolar do curso 2023/2024, a sesión de avaliación final terá lugar a partir do 21 de xuño, polo que dende o Claustro do noso centro decidiuse facer entrega dos boletíns de notas o martes 25 por medio da Aplicación Abalar.
Por outra banda, é novidade entregar ás familias dos cursos que rematan ciclo e etapa (6° de Ed. Infantil e 2°, 4° e 6° de Ed. Primaria) un informe final de ciclo e etapa complementario ao boletín de notas.
Como este informe non é posible envialo por Abalar citámolos o vindeiro mércores, 26 de xuño no horario que cada titora ou titor vos indicou polo abalar para para facerlles entrega de dito informe.
Familias:
- Boletíns: chegarán ás familias por Abalar o martes 25 ás 10:00 horas.
- Informes 6º Educación Infantil: entregaranse ás familias o informe final de ciclo o mércores 26 no horario que cada titora ou titor vos indicou polo abalar.
- Informes Primaria: Entregaranse ás familias este mércores 26 no horario que cada titora ou titor vos indicou polo abalar.
Sanxenxo a 19 de xuño de 2024
A Dirección do centro
Documentación adxunta:
Modelo expediente reclamación DECISION TITULACION PROMOCIÓN 2024
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Modelo de reclamación.pdf | 66.44 KB |
Normativa_Reclamación.pdf | 118.46 KB |
Prazos _Reclamacións.pdf | 190.41 KB |
MD_Oficio_envio expediente reclamacion DECISION TITULACION-PROMOCIÓN (2024).pdf | 23.3 KB |