Skip to Content

blogue deJeru

COMPARTINDO NOVEMBRO

Achegamos entrada neste mes de novembro do bloque COMPARTINDO.

Preme aquí para poder visualizar formación, lectura e webinarios recomendados.

SKILLS 2023

Os días 25 e 27 de outubro celebrouse o campionato galego da formación profesional SKILLS. O alumnado do PFB participou dando unha boa lección de esforzo e traballo en equipo.

Moito orgullo!!!!

SAMAÍN

Ben queridas familias, o luns 30 celebramos no cole o Samaín. Todas as nenas e nenos poden vir disfrazados para a ocasión.

Vai ser un día terrorificamente divertido!!!!

GRAZAS COMO SEMPRE POLA VOSA COLABORACIÓN.

24 DE OUTUBRO DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O pasado luns celebramos o día das bibliotecas escolares.

Achegamos resumo das actividades que fixeron os nenos e nenas ca axuda de Perico.

CALENDARIO MENSUAL DE ACTIVIDADES

Bos días familias!

Estreamos calendario na páxina web.

Tal e como vedes na imaxe, no apartado "EVENTOS" aparece un calendario mensual no que iremos engadindo aquelas actividades complementarias e celebracións escolares.Simplemente premede no día e teredes acceso ao que está ocorrendo no centro.

Agardamos vos sexa de utilidade.

TITORÍAS

Ben queridas familias, achegamos enlace para que teñades acceso ao horario de titorías, tanto de titores como especialistas.Forma parte dun bloque estático da web, polo que poderedes en calquera momento visualizalo.

Para ver o horario premede aquí.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut