Skip to Content

blogue deJeru

UN VASO CHEO DE EMOCIÓNS

Ola de novo rapaces, unha semana mais na casa e unha menos para vernos de novo.

Déixovos un pequeno cariño para que disfrutedes en familia.

Apertas e achuchóns xigantes!

Preme aquí para ver o vídeo.

TODO VAI SAIR BEN

Ola nenas e nenos, aqui seguimos acompañándoos con moito cariño e moita forza e desexando que pronto nos vexamos.

Achego un pequeno cariño para todo vós.

 

Mándovos un achuchón enorme a todos.

PREME AQUÍ PARA VER  VÍDEO

 

O SON DAS LETRAS

Ola de novo familias!!!

unha semana mais na que temos que ter moito ánimo e forza para que pronto chegue o día en que todos poidamos vernos de novo, mentres tanto desde o departamento de AL deixámosvos unha presentación interactiva para que xoguedes cos vosos fillos e fillas.Neste caso recollemos os sons do noso abecedario acompañados de imaxe, colocación e xesto de apoio para que lles sexa mais doado. Aproveitade para facelo con eles e se é posible que preman cada imaxe para que escoiten os sons.

Esperamos que vos guste.

O MONSTRO DE CORES

Ben queridas familias,achego unha presentación do conto "O MONSTRO DE CORES".Podedes disfrutar da lectura cos vosos fillos e fillas sempre que queirades. Nun par de días colgarei actividades para completar a dinámica do conto.

Aí tamén vai o conto do MONSTRO DE CORES versión audioconto.

https://www.youtube.com/watch?v=t8yy_AIeTAA

 

Unha aperta grande

PRAXES BUCOFONATORIAS

Bos días familias, para estes días achego unha presentación variada de praxes que podedes facer cos vosos nenos e nenas aproveitando a rutina do baño.E interesante ter o espello a man, e facelo tamén con eles para que lles resulte mais divertido. Espero que disfrutedes moito.

Unha aperta.

Distribuir contido


by Dr. Radut