Skip to Content

blogue deJeru

COMPARTINDO MAIO

Achegamos nova entrada de COMPARTINDO con lecturas, formacións e masterclass interesantes.

RADIO VELLE

Ben queridas familias,

Abrimos novo bloque na páxina web do centro!!! RADIO VELLE

O compañeiro Lucas creou un espazo divulgativo que consideramos pode ser moi interesante para toda a comunidade.

Se premedes no logo podedes ver as entrevistas feitas ata o de agora.

Agardamos que vos guste.

PINGÜIN

O pasado martes día 30 fomos ao auditorio para ver a obra de títeres "PINGÜIN". Unha familia de pingüinos afronta o nacemento dun novo membro do clan. Estivo xenial e aos nenos e nenas encantoulles.

LINGUAXE NATURAL ASISTIDO

Durante o mes de abril, recibimos unha marabillosa formación da man das compañeiras de ALFASAAC. Achegamos un pdf que está dispoñible na súa web sobre estratexas de modelado.Agardando vos sexan de utilidade.Na nosa aula están sendo super útiles.

NAVEGACIÓN POLA WEB

Bo día familias, fixemos un resumo sobre a navegación pola web do centro:bloques laterais, departamentos, novas...

A nosa intención é facilitarvos o seu uso: onde buscar, que hai en cada lapela e calquer información que precisedes saber.

Quedaría no apartado de ANPA, de maneira definitiva.

Agardamos vos sexa de utilidade.

A CIBERSEGURIDADE

O pasado mes de xaneiro recibimos nove horas de formación a cargo do experto en ciberseguridade Efrén Varón.

Achegamos un pdf resumo dos aspectos que consideramos máis importantes e algunhas claves para manternos seguros na internet.

Agardamos vos sexa de utilidade.

Distribuir contido


by Dr. Radut