Saltar navegación

Guía para as familias

Consulta de información do alumnado

abalarMóbil está dispoñible para que os responsables do alumnado poidan acceder ao seu perfil de espazoAbalar dende o seu teléfono móbil e así usar as súas funcionalidades desde calquera lugar de xeito cómodo e áxil.

Entre estas funiconalidades atopamos:

Acceder aos datos persoais da alumna ou alumno.

Consultar as cualificacións.

Comprobar e xustificar as faltas de asistencia.

Consultar o apartado de faltas de conducta.

Solicitar, anular ou consultar o estado dunha titoría.

Consultar os datos do centro educativo.

Consultar os avisos ou notificacións.

Consultar as incidencias.

Modificar o idioma da aplicación.

Contactar co servizo técnico.

Para unha información máis detallada sobre o uso destas funcionalidades pode consultar a seguinte ligazón.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)