Saltar navegación

Funcionalidades

O servizo de comunicación do espazoAbalar está dispoñible para todo o profesorado que imparte docencia en centros públicos de Galicia. Para acceder á ferramenta podemos esta ligazón, na que teremos que autenticarnos co usuario e contrasinal da nosa conta corporativa (o mesmo empregado para entrar no correo e noutras ferramentas corporativas).

A través deste servizo podemos enviar mensaxes ás persoas responsables do alumnado, tanto de xeito individual como dun grupo completo. Ademais, tamén temos a posibilidade de permitir que as persoas responsables respondan á mensaxe iniciando así unha conversa con elas. Disponse de varias funcionalidades de mensaxería:

Mensaxes privadas

Cando escollemos esta opción podemos personalizar os contidos da mensaxe e as persoas responsables van poder comunicarse mantendo a privacidade.

Mensaxes de difusión

Con esta opción podemos mandar mensaxes ou notificacións de interese para todo o grupo de xeito global. Deste xeito, aínda que a comunicación inicial non está personalizada, as persoas responsables poderánse comunicar mantendo a privacidade.

Mensaxes tipo sala

Cas mensaxes tipo sala podemos crear comunicacións dirixidas ás persoas responsables do alumnado. Neste caso a selección faise por grupos completos e as respostas que se envían son visualizadas por cada integrante da sala que teña aceptado participar no chat.

Unha vez enviada a mensaxe, as persoas responsables que estean subscritas ás notificacións recibirán avisos push na app abalarMóbil instalada nos seus dispositivos móbiles.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)