Saltar navegación

Videofórum: Sufraxistas

 

Sufraxistas é unha película do 2015 dirixida por Sarah Gavron. Ambiéntase a principios do século XX, protagonizada por unha lavandeira que se enrola no movemento sufraxista. Da súa man, asistiremos a algúns dos fitos máis relevantes do sufraxismo, que loitaba por conseguir para as mulleres o dereito de sufraxio.

Arthur Wallis Mills. A sufraxista que sabía Jiu-Jitsu. Ilustración satírica da prensa inglesa. (Dominio público)


 

  1. Cales son as condicións de traballo que teñen as mulleres na lavandaría? Son distintas ás dos seus compañeiros varóns? Cres que hoxe en día aínda podemos ver situacións similares?
  2. Por que Maud é repudiada polo seu marido? Que consecuencias ten para ela? Por que cres que o seu marido entrega ao fillo de ambos en adopción?
  3. Analiza o papel dos homes no filme. Están todos en contra do voto feminino? Analiza as figuras de Lloyd George, Gerald Ellyn e o parlamentario casado con Alice Haughton.
  4. Que concepto sobre as sufraxistas teñen os homes e mulleres desta época? Atopas algunha similitude coa imaxe que se ten hoxe en día das activistas feministas?
  5. A película recolle algúns dos episodios máis significativos na loita das sufraxistas durante os anos previos á I Guerra Mundial. Investiga sobre eles:
    1. A morte en Epston de Emily Davidson.
    2. A votación no Parlamento de Londres
    3. O discurso de Emily Pankhurst
  6. Por que cres que a loita das sufraxistas adquiriu un ton violento ao final do filme? Xustifícase esta violencia de algunha maneira?