Saltar navegación

Lectura 2: O Verdegaio Lilá

 

Nas mobilizacións feministas do 8 de marzo de 2018 popularizouse o Verdegaio Lilá, unha adaptación feminista do Verde gaio, unha canción tradicional de Galiza e o norte de Portugal:

"Canta que cadramos ben-e, canta que cadramos ben-e.
Moitas almas se condenan, porque nos levamos ben-e
Porque nos levamos ben-e, temos o mundo contrario
Habémonos de levar-e, anque pasemos traballo.

As regras do patriarcado,
son ruíns e retorcidas.
Non me mandes que non calo,
Aquí comeza a cantiga.

Contra o patriarcado temos que loitar,
xuntas as mulleres imos arrasar.
Este 8 de marzo non vaias currar,
coa greve feminista o mundo vai parar.

Vai ti, vou eu, vai ela,
pra racha-lo sistema.
Vai ti, vou eu, vai ela,
polas que xa non berran.

As penurias que pasaron
as nosas antepasadas.
Non as imos aguantar-e,
esta loita está gañada.

Fóra o patriarcado da nosa nación,
se loitamos xuntas na erradicación.
Este 8 de marzo non vaias currar,
secunda esta folga, faite respectar.

O meu corpo só é meu-e,
cando digo non é non-e.
Non quero oír máis piropos,
nin máis cousificación-e.

Se a publicidade faiche dubidar,
se ti tes un corpo de muller real.
Se queres ser ceibe, fuxir da opresión,
tira pola fiestra o teu televisor.

Na vida hai que aguantar-e,
aguanta ti se che peta.
O amor que eu quero non mata,
o amor que eu quero respecta.

Se ao chegar a casa preparo o xantar,
se saio do curro para traballar.
Se coido da avoa, se vou á reunión,
non me vendas fume coa conciliación.

Se ata cando son violada,
cuestiónase a miña culpa.
Se me resisto busqueino,
se me deixo son a puta.

Se che importaran as mortas,
se che importan as violadas,
Se o chamaras terrorismo,
outro gaio nos cantaba.

Este sistema que oprime,
non nos deixa progresar-e.
Exiximos igualdade,
e podernos liberar-e.

Traballar eu traballei-e,
non houbo cotización-e.
Sen dereitos nin contratos,
non cobro a xubilación-e.

É do meu gosto...
é da miña condición,
o exterminio do machismo...
esa é a nosa rebelión."

 

  1. As catro primeiras estrofas da canción son a adaptación dunha cantiga popular galega. Que tema do feminismo recolle?
  2. A canción asume reivindicacións en moi distintos ámbitos. Saberías explicar que di sobre:
    1. O patriarcado?
    2. Os canons estéticos?
    3. Os afectos e a sexualidade?
    4. A conciliación familiar?
    5. O mundo laboral?
    6. A violencia de xénero?
  3. Como se plasmaron todas estas reivindicacións no cartel da convocatoria da folga do ano 2019? Que manifestan sobre o feminismo todas estas reivindicacións?