Saltar navegación

Videofórum: Crepúsculo

 

Filmes como Crespúsculo (Catherine Hardwicke, 2008) ou Tres metros sobre el cielo (Fernando González Molina, 2010), baseados nas novelas de Stephanie Meyer e Federico Moccia respectivamente, tiveron un gran éxito entre o público adolescente.

Porén, son claros exemplos de transmisión de ideais do amor romántico. Estas falsas ideas sobre o que debe ser o amor repítense incesantemente en cancións, novelas, películas… É importante recoñecelos e analizalos de xeito crítico. Traballaremos nesta ocasión sobre Crepúsculo:

 

Crepúsculo: A saga (CC BY-NC-SA)

Reflexión

  1. Imos comezar analizando as personaxes protagonistas, Bella e Edwar. Recollede nunha táboa as características físicas e psicolóxicas dunha e doutro. Despois, poñédeas en común.
  2. Parádevos agora a reflexionar sobre as súas familias. Como son? Transmiten un modelo de familia patriarcal?
  3. O filme comeza con esta frase de Bella: "Nunca me detiven a pensar en como morrería Seguramente, morrer no lugar doutra persoa, alguén a quen se ama, era unha boa forma de acabar.” Estades de acordo con estas palabras?
  4. "Estaba totalmente segura de tres cousas. Primeira, Edward era un vampiro. Segunda, unha parte del, e non sabía o potente que esa parte podía ser, tiña sede do meu sangue. Terceira, estaba incondicional e irrevogablemente namorada del". Bella parece estar cega de amor. Que consecuencias pode ter esta conduta? Seriades quen de facer o mesmo que Bella e metervos nunha situación de perigo pensando que o amor pode con todo?
  5. Podes levar a miña alma, porque no a quero sen ti. Xa é túa!” Que mito do amor romántico está transmitindo Bella con esta afirmación?
  6. Que outros mitos do amor romántico transmite o filme? Traballade por grupos e poñede en común as respostas.