Saltar navegación

Lectura 1: O mito do andróxino en O banquete de Platón

 

O filósofo ateniense Platón escribiu O banquete sobre o ano 400 a.C. Nesta obra un dos personaxes, Aristófanes, pronuncia un discurso sobre o amor moi celebrado, pois afirma a existencia dun terceiro xénero, o andróxino. Le o texto e traballa coas preguntas que se che propoñen embaixo:


“A nosa primitiva natureza non era a mesma de agora. Ademais de masculino e feminino existía un terceiro xénero, o andróxino, que participaba destes. A forma de cada individuo era redonda, pegados polas costas. Tiña catro brazos e catro pernas, dous rostros, unha soa cabeza, dous órganos sexuais.
Camiñaba en pé, adiante e atrás segundo desexara, mais sempre que desexaba correr facía xirar os oito membros sobre os que se apoiaba, dando voltas sobre eles a gran velocidade.
(...) Eran seres de gran vigor, tan arrogantes que atentaron contra os deuses. (...) Para castigalos, Zeus dixo: «Cortareinos en dous a cada un deles e así serán ao tempo máis débiles e máis útiles, por se ter duplicado o seu número. Camiñarán sobre dúas pernas, e se continúan a ser arrogantes, outra vez cortareinos á metade, de sorte que anden nunha soa perna, á pata coxa.» Tras dicir isto, dividiunos en dous.
(...) Unha vez que os humanos foron divididos, cada un botaba de menos á súa metade. Rodeábanse cos brazos, apertábanse, desexosos de se unir nunha soa natureza, morrían de fame, por non quereren facer nada separados uns dos outros.”

  1. O texto presenta unha visión positiva do terceiro xénero, o andróxino. En que cousas lle parece superior aos seres humanos actuais?
  2. Como imaxinas o final da historia? Atréveste cun texto breve que lle poña remate?