As conferencias plenarias son relatorios de interese xeral nas que se tratarán temáticas como o sentido crítico do profesorado e alumnado nas redes, a importancia de saber comunicarse en ambientes dixitais ou o desenvolvemento da creatividade a través dos elementos tecnolóxicos que temos á nosa disposición.
"Do espazo á aula" Presentación de ESERO España (nodo Galicia)
Domingo Escutia, Edita De Lorenzo e Manuel Vila
ESERO é un proxecto da Axencia Espacial Europea (ESA) para apoiar a educación da Ciencia e Tecnoloxía en primaria e secundaria e fomentar as vocacións científicas facendo uso do contexto do espazo.
Nesta xornada, e despois da inauguración, contaremos coa presencia de Domingo Escutia, representante de ESERO España, Edita de Lorenzo (Comisionada Vigo Tecnolóxico da Universidade de Vigo) e Manuel Vila (Subdirector xeral de Ordenación e Innovación Educativa e Form. do Profesorado), representantes do nodo de ESERO en Galicia.
Máis información: http://esero.es/
Conferencia plenaria. Sala Santiago. 10:00 h.
Debora García Bello
"Non deixes que a realidade estrague un bo titular"
Cando os medios de comunicación sacrifican a evidencia científica polo impacto mediático, as ferramentas que nos permiten discriminar a ciencia da ficción son a cultura científica e o pensamento crítico.
Analizaremos famosos temas de actualidade que foron terxiversados polos medios e amplificados polas redes sociais, e que chegaron a ter consecuencias no mercado, no deseño de produtos e na toma de decisións políticas. Por exemplo o acontecido co aceite de palma, co herbicida glifosato, cos transxénicos, cos parabenos, cos aditivos alimentarios, coas cremas que foron retiradas do mercado por seren supostamente canceríxenas etc.
É posible a convivencia entre a ambición polo clic e a honestidade?
Twitter: @deborahciencia
Conferencia plenaria. Sala Santiago. 10:20 h.
Mar Castro Maestre
"NETiqueta, claves para comunicar eficazmente na Rede"
A NETiqueta é a parte do ADN que se amosa aos demais, unha disciplina que ofrece normas que regulan o comportamento dos usuarios na Rede, unha folla de ruta para que os internautas teñan unha comunicación online excelente.
Somos responsables do que dicimos e de como o dicimos, do que escribimos e de como o escribimos. A palabra xera influencia na forma de actuar das persoas.
Twitter: @marcastrops
Conferencia plenaria. Sala Santiago. 16:00 h.
Clara Cordero Balcázar
"Ideas en dixital"
Nun escenario onde a tecnoloxía avanza dun modo imparable, será o ser humano o suficientemente creativo para adaptarse?
A presente conferencia pretende ser un relatorio interactivo no que os participantes poderán comprobar como a tecnoloxía serve de inspiración para crear novos contidos, para xerar novas ideas e converterse nunha ferramenta que facilita a creatividade en educación.
Twitter: @AgoraAbierta
Conferencia plenaria. Sala Santiago. 18:15 h.