Preguntas
Enterámonos que na biblioteca do centro precisan un álbum ilustrado sobre os países membros da Unión Europea. Na nosa clase decidimos colaborar, pero para realizar esa tarefa primeiro témonos que informar de que é e quen forma a Unión Europea. Teremos que resolver as seguintes tarefas para poder resolver a Caza do Tesouro:
Tarefa individual: Pescuda de información sobre a UE
Para acadar o tesouro, primeiro deberedes responder individualmente a todas estas preguntas:
(Non fai falta que copiedes as preguntas, xa que se facilita un guión, que deberedes cubrir, no apartado de recursos).
- Que día se celebra o Día de Europa? Por que?
- Cantos países son membros da Unión Europea?
- Deses países, cantos teñen a mesma moeda, o Euro?
- Desde que ano está en funcionamento a moeda do Euro?
- Como se chamaba o Primeiro Ministro europeo que no ano 1950 sentou as bases do que hoxe coñecemos como UE? De que país era?
- En que tres cidades se atopan localizadas as sedes da Unión Europea?
- Cantos diputados forman o Parlamento e como son elixidos?
- Que persoas forman o Consello de Europa?
- Cales foron os países fundadores da Unión Europea? Nomea a capital de todos eles.
- Que representan as estrelas da bandeira da UE?
- Que músico compuxo a Sinfonía da que procede o Himno da UE?
- Como se chama o Presidente do Parlamento Europeo? En que ano finaliza o seu mandato?
- Cales son as 3 funcións principais do Parlamento Europeo?
- Cal é o Lema da Unión Europea?
- Que países están en negociacións para pertencer á Unión Europea?
Tarefa en grupo: Elaboración dun álbum ilustrado sobre os países da UE.
Para elaborar o álbum da biblioteca escolar, crearemos un dossier con información sobre todos os países da Unión Europea. Para elo, por parellas, realizaredes a seguinte actividade:
- Elaborar unha ficha/informe ilustrada sobre un país membro da Unión Europea.
No apartado de Recursos atoparás as ligazóns e materiais necesarios para completar a Caza do Tesouro.