Saltar navegación

Guía didáctica

Destinatarios

  • Alumnado de segundo e terceiro Ciclo de Ed. Primaria

Obxectivos

  • Pescudar información sobre a Unión Europea.
  • Investigar sobre a orixe da celebración do Día de Europa.
  • Coñecer os Símbolos de Europa.
  • Localizar no mapa os países da Unión Europea.
  • Memorizar información relevante sobre un país da UE.
  • Identificar as intitucións principais da UE.
  • Coñecer as funcións fundamentais do Parlamento Europeo.
  • Ser capaz de debater en público ideas propias.
  • Analizar datos estadísticos dos membros da UE.
  • Argumentar e fundamentar as ideas manifestadas.
  • Desenvolver a capacidade de diálogo cos compañeiros.
  • Ser quen de realizar pescudas de información en internet.
  • Usar as Novas Tecnoloxías no aula, manexando algunhas funcións propias do Sistema Operativo (cortar, pegar, descargar arquivos...).
  • Ser capaz de plasmar nun relato ideas relativas a un tema dado.

Contidos

  • Día de Europa.
  • Historia da Unión Europea.
  • Membros da Unión Europea.
  • Parlamento da Unión Europea.
    • Constitución.
    • Membros.
    • Funcións.
    • Presidente.
  • Símbolos da UE:
    • A Bandeira.
    • O Escudo.
    • O Himno.
    • O Lema.
  • Metodoloxía das Cazas do Tesouro.
  • O conto como método expositivo de ideas.

Competencias

Nesta webquest trabállanse as seguintes “Competencias clave”:

  • Comunicación lingüística (CCL).
  • Competencia dixital (CD).
  • Aprender a aprender (CAA).
  • Competencias sociais e cívicas (CSC).
  • Sentido de iniciativa e espírito emprendedor (CSIEE).
  • Conciencia e expresións culturais (CCEC).

Metodoloxía

  • Material: Ordenadores con conexión a internet e impresora.
  • Software: Programas de navegación por internet, programas de edición de textos (Office, LibreOffice ou Google docs). Aconséllase para traballar con contas de Google que o centro cree as contas necesarias (nomedocentro01,nomedocentro02...) e facilite os datos de usuario e contrasinal ao alumnado.
  • Organización do espazo: Traballaremos na aula de informática para a pescuda de información e na biblioteca para a resposta á "Gran pregunta".
  • Organización alumnado: O alumnado traballará individualmente a tarefa de pescuda da información ata completar o esquema/guión. En grupos de dúas persoas prepararán o álbum ilustrado dos países membros da UE. O conto ilustrado da "Gran Pregunta" . As actividades de lecer pódense facer de forma individual ou nos grupos de 2 persoas establecidos. 
  • Recursos educativos: Os recursos complementarios aparecen reflictidos no apartado de "Recursos" da Caza do tesouro.
  • Interrelacións: Nesta tarefa están implicadas as áreas de lingua, ciencias sociais, plástica e transversais "Ed. cívico e constitucional"..

Temporalización

  • Catro ou cinco sesións dunha hora.

Avaliación

  • O alumnado observará os criterios de avaliación das tarefas antes de comezar a realización das mesmas. Asemade, unha vez rematado o traballo, realizará a autoavaliación e comprobará a puntuación obtida.
  • O profesorado realizará a avaliación das tarefas presentadas segundo os criterios reflectidos no apartado de "Avaliación" da Caza do Tesouro.