Saltar navegación

Guía didáctica

Destinatarios

  • Alumnado de 5º e 6º curso de Ed. Primaria

Obxectivos

  • Coñecer os principais impactos do ser humano sobre o entorno.
  • Identificar os impactos ambientais sobre a atmosfera.
  • Identificar os impactos ambientais sobre a hidrosfera.
  • Identificar os impactos ambientais sobre o solo.
  • Identificar os impactos ambientais sobre a biodiversidae.
  • Recoñecer os principais axentes contaminantes da nosa contorna.
  • Ser quen de tomar medidas para evitar e reducir os impactos ambientais.
  • Valorar a importancia de ter unha contorna libre de contaminación.
  • Ser capaz de realizar un traballo de investigación.
  • Demandar solucións aos responsables medioambientais.
  • Desenvolver a capacidade creativa para plasmar a información nunha presentación.
  • Elaborar informes a partir de datos obtidos por investigación.
  • Crear documentos burocráticos para demandar solucións aos problemas ante a Administración.
  • Usar as Novas Tecnoloxías no aula, manexando algunhas funcións propias do Sistema Operativo (copiar, pegar gardar arquivos, etc.), Internet a nivel de usuario, empregar algún programa de edición de textos, empregar programas de presentacións.
  • Ser quen de por en liña os traballos realizados.
  • Concienciarse do papel activo que temos que xogar na defensa do Medio Ambiente.
  • Valorar a importancia da conmemoración do Día Mundial do Medio Ambiente.

Contidos

  • Día Mundial do Medio Ambiente.
  • Axentes contaminantes da nosa contorna.
  • A actividade humana e os problemas medioambientais.
  • Impactos ambientais dos humanos:
    • Impactos na atmosfera.
    • Impactos na hidrosfera.
    • Impactos no solo.
    • Impactos dos residuos sólidos.
    • Impacto na biodiversidad.
  • Metodoloxía das webquest.
  • A "presentación en liña" como recurso para chegar á comunidade educativa.
  • Os informes como documentos de investigación.
  • Documentos administrativos: A instancia.

Competencias

Nesta webquest trabállanse as seguintes “Competencias clave”:

  • Comunicación lingüística (CCL).
  • Competencia dixital (CD).
  • Aprender a aprender (CAA).
  • Competencias sociais e cívicas (CSC).
  • Sentido de iniciativa e espírito emprendedor (CSIEE).
  • Conciencia e expresións culturais (CCEC).

Metodoloxía

  • Material: Ordenadores con conexión a internet e impresora. Fichas de recollida de datos e material para escribir. Preciase móbil, tablet  ou cámara fotográfica dixital para realizar a reportaxe fotográfica.
  • Software: Programas de navegación por internet, programas de edición de textos (Office, LibreOffice ou Google docs). Programas de edición de presentacións (Office, LibreOffice ou Google Presentacións). Aconséllase para traballar con contas de Google que o centro cree as contas necesarias (nomedocentro01,nomedocentro02...) e facilite os datos de usuario e contrasinal ao alumnado.
  • Organización do espazo: Traballaremos no aula de informática para a formación dos técnicos medioambientais, e no aula de clase o traballo de exposición e elaboración da presentación final, así como do informe e a instancia que se achegará ao responsable de Medio Ambiente.
  • Organización alumnado: O alumnado traballará en grupo repartido en cinco tipos de técnicos. No traballo de campo poderá solicitar axuda dos seus familiares e veciños. Seguirán a orde que marcan os traballos propostos no "Proceso" desta webquest. En gran grupo realizaremos a exposición dos traballos, a elaboración do informe e o apartado de "Conclusións". As actividades de lecer pódense facer de forma individual ou nos grupos de técnicos establecidos. 
  • Recursos educativos: Os recursos complementarios aparecen reflictidos no apartado de "Proceso" da webquest..
  • Interrelacións: Nesta tarefa están implicadas as áreas de lingua, ciencias naturais e sociais, educación artística e as áreas transversais de "Medio Ambiente".

Temporalización

  • Cinco sesións dunha hora no colexio, máis traballo para casa para realizar a reportaxe fotográfica da nosa contorna..

Avaliación

  • O alumnado observará os criterios de avaliación das tarefas antes de comezar a realización das mesmas. Asemade, unha vez rematado o traballo, realizará a autoavaliación e comprobará a puntuación obtida.
  • O profesorado realizará a avaliación das tarefas presentadas segundo os criterios reflectidos na "Avaliación" da WQ.