Webquest para o Día Mundial do Medio Ambiente
Avaliación
Autoavaliación do alumnado
Agora que xa rematastes a tarefa, ides avaliarvos vos mesmos, para saber se traballastes adecuadamente ou non:
AUTOAVALIACIÓN | |||||
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | |
Comportácheste ben na aula durante a realización da webquest. | |||||
Visitaches as ligazóns recomendadas na orde establecida. | |||||
Gustouche esta actividade e pasáchelo ben facéndoa. | |||||
Escoitaches e respectaches as opinións dos teus compañeiros de clase. | |||||
Achegaches ideas pertinentes na posta en común. | |||||
Realizaches as tarefas encomendadas nos prazos establecidos. | |||||
Esforzácheste na elaboración do traballo. | |||||
Revisaches o traballo despois da posta en común e antes de entregalo. | |||||
Participaches na realización e exposición da presentación. | |||||
Coidas que lograches adquirir novos coñecementos sobre os impactos ambientais máis importantes |
Baremo: |
00 a 29 puntos=mellorable 30 a 39 puntos=ben 40 a 50 puntos=moi ben |
Criterios de avaliación das tarefas
Unha vez presentados os traballos na aula, avaliarase:
- O traballo en equipo: Capacidade do alumnado para levar a cabo a tarefa traballando en grupo.
- Elaboración do material: Avaliarase tamén o resultado do traballo.
MOI BEN (5 puntos) | BEN/REGULAR (3 puntos) | MELLORABLE (1 puntos) | |
TRABALLO COOPERATIVO | Amosan respecto polas ideas de cada un e comprométense coa calidade do traballo. | Amosan respecto polas ideas de cada un e algúns comprométense coa calidade do traballo. | Discuten ou non respectan as ideas dos outros. O traballo non é feito por todos os membros do grupo. |
PREPARACIÓN | Trae sempre todo o material preciso e está listo para traballar. | Case sempre trae o material preciso e está listo para traballar. | A miúdo esquece o material e non está listo para traballar. |
USO DE INTERNET | Usa todas as ligazóns suxeridas e navega facilmente e sen asistencia. | Usa algunhas das ligazóns suxeridas e navega sen problemas. | Necesita axuda e asistencia para empregar os enlaces suxeridos. |
EXPRESIÓN ESCRITA | Frases ben elaboradas e vocabulario abundante. | Frases elaboradas e vocabulario adecuado. | Frases simples e vocabulario escaso. |
ORTOGRAFÍA E GRAMÁTICA | Sen erros gramaticais e ortográficos. | Algúns erros gramaticais ou ortográficos. | Moitos erros gramaticais ou ortográficos. |
CONTIDOS | A información é correcta, clara e precisa. | Unha gran porcentaxe da información é correcta, clara ou precisa. | Hai varios erros na información do traballo. |
PRESENTACIÓN | É un traballo atractivo. Emprega imaxes ou debuxos atractivos. |
É un traballo relativamente atractivo. Emprega imaxes ou debuxos. |
Non é nada atractivo. |
ORGANIZACIÓN | Información con títulos, subtítulos e texto moi claros. | Información con títulos, subtítulos e texto claros. | Información pouco organizada. |
PRESENTACIÓN ORAL | Interesante e moi ben presentada | Certos problemas na presentación pero mantén o interese da audiencia. | Mal presentada e non logra manter o interese da audiencia. |
RESOLUCIÓN DE PROBLEMAS | Participa con propostas orixinais no tema tratado na Conclusión. | Participa no tema tratado na Conclusión. | Non participa nos temas tratados como Conclusión. |
Baremo: |
00 a 29 puntos=mellorable 30 a 39 puntos=ben 40 a 50 puntos=moi ben |