Táboas
Como sabemos, unha táboa está composta de filas e columnas. No procesador de textos podemos inserir unha táboa de tantas columnas e ringleiras como permitan as dimensións da páxina na que esteamos traballando.
Imos insertar unha táboa de 6 filas e 6 columnas.
Comprobarás que ao inserir a táboa aparece a barra de ferramentas "Táboa" Para saber a función de cada botón, basta con deter o punteiro do rato sobre el, sen premelo. Aparecerá un recadriño ("tool tip") coa súa descrición.
Agora podemos escribir en cada unha das celas que compoñen a táboa. Para desprazarnos entre as celas podemos utilizar as teclas de dirección.
Para seleccionar unha fila enteira facemos clic na primeira cela, e sen soltar o botón do rato, deslizámolo ata a última. Calquera acción que realicemos afectará a toda a liña. O mesmo sucede coas columnas.
- Selecciona a primeira fila e dalle unha cor de fondo . Ten en conta que se o texto e o fondo teñen a mesma cor, o texto "será invisible".
Na mesma fila imos poñer o título da táboa ("Táboa de exemplo" pode ser unha opción); para poder centrala. É unha boa idea convertir as seis celas da fila nunha soa.
- Volve seleccionar a fila, se non a tes seleccionada, e preme no botón "Combinar celas" . A continuación escribe o título.