Tabulacións
As tabulacións permiten facer columnas perfectamente aliñadas, así como relacionar visualmente elementos de varias columnas por medio de signos como ".........", "-------", "_____" ou otros.
Podemos poñer e distribuír as tabulacións como máis nos conveña dentro do documento.Para facelo basta con facer clic na regla superior. Aparecerá unha marca en forma de "L", indicativa de que nese punto hai unha tabulación.
Crea un documento de Write e pon dúas tabulacións onde queiras. Escribe un mome; preme a tecla ; escribe un apelido e volve premer; escribe un segundo apelido (podes facer a actividade con calquera outros datos). Na liña seguintes volve facer o mesmo e comproba como as columnas quedan aliñadas independentemente da cantidade de letras de cada elemento.
Nunha nova liña, fai doble clic na primeira marca de tabulación e selecciona o carácter de recheo. Verás que cando premes o espazo sen texto énchese con el.