2 - Ferramentas para Transmitir contidos
Os recursos que ofrece Moodle permiten transmitir contidos, é dicir os visitantes do curso son "receptores" pasivos, sen a súa participación, unicamente len, visualizan, escoitan, descargan... contidos educativos como textos, imaxes, vídeo, animacións, páxinas web... Nas subpáxinas seguintes imos experimentar estes recursos. Fíxate na súa utilidade pois con eles haberá que incorporar os contidos ao curso virtual.
Presentaremos e practicaremos estes recursos:
- Inserir unha etiqueta: Etiqueta
- Ligazón a un sitio web: URL
- Ligazón a un ficheiro: Ficheiro
- Mostrar directorio: Cartafol
- Elaborar páxina: Páxina
- Libro
- Mostrar un paquete de contido como páxina web: Ficheiro
Ademais veremos tamén como se suben ao curso virtual imaxes, arquivos multimedia, documentos.... para mostralos e/ou ligalos na páxina principal do curso.
Ao longo destas páxinas sobre os recursos transmisivos de Moodle atoparás actividades / desempeños convidando ao seu coñecemento e uso, se procede, destes recursos no proxecto final, fíxate na icona da esquerda. A adquisición destes desempeños NON é obxectivo deste curso. Se tes dificultade ou descoñeces algún deles vai ao foro de consultas deste tema.
Como inserir un recurso ou actividade
Para inserir un recurso, cómpre realizar os seguintes pasos:
1 - Activa o modo edición e clicka en "engadir unha actividade ou recurso"
2 - Selecciona a actividade correspondente
Lembra, unha vez creado o recurso, configuralo axeitadamente, como poderás ver nos seguintes apartados.
Webgrafía
- Creative Commons. “CC Search”, [En liña]. Dispoñible: http://search.creativecommons.org/?lang=gl. [Consulta: 3-novembro-2013]. Licenza CC BY
- Wikimedia Commons contributors, "Main Page," Wikimedia Commons, http://commons.wikimedia.org/w/index.php?title=Main_Page&oldid=111302736 (accessed December 11, 2013).
Bancos de recursos educativos:
- “EspazoAbalar”, [En liña]. Dispoñible: http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/espazos/recursos. [Consulta: 11-decembro-2013].
- “Agrega - Portada”, [En liña]. Dispoñible: http://agrega.educacion.es/visualizadorcontenidos2/Portada/Portada.do. [Consulta: 11-decembro-2013].
Bancos de imaxes:
- INTEF “Banco de Imágenes y Sonidos”, [En liña]. Dispoñible: http://recursostic.educacion.es/bancoimagenes/web/. [Consulta: 14-novembro-2013].
- “Corbis Images: Fotografías e ilustraciones de stock con calidad Premium”, [En liña]. Dispoñible: http://www.corbisimages.com/. [Consulta: 14-novembro-2013].
- “Images gratuites, illustrations gratuites : Picto”, [En liña]. Dispoñible: http://www.picto.qc.ca/. [Consulta: 14-novembro-2013].
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0