Saltar navegación

2.1 - Insere unha etiqueta

As "Etiquetas" insírense no curso virtual para colocar texto, imaxes, ligazóns a sitios web, recursos multimedia... ven sendo como un contedor no que colocar aquilo que queiramos mostrar diretamente na portada do curso virtual. Habitualmente son textos curtos como títulos ou comentarios breves, pois para transmitir textos extensos (máis de unha ou dúas liñas) emprégase outros recursos de Moodle como "Páxinas", "Libros" ou paquetes de contidos creados con eXelearning, como este que estás a ler agora mesmo.

Todos os módulos de Moodle teñen unha etiqueta para colocar o título dese módulo. Aparece arriba e só ten unha icona para editalo. Podemos empregalo para inserir recursos na páxina principal do curso, pero, precisamente por iso, non convén abusar del pois podemos saturar a páxina principal ou portada do curso e provocar un scroll longo, que non é nada desexable.

Exemplo de etiqueta

Agora, vexamos como configurar cunha etiqueta: co modo edición activo, Clickamos en "engadir unha actividade ou un recurso" e seleccionamos "Etiqueta":

Como configurar unha etiqueta

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)