Uso da Aula Virtual

Unha aula virtual é unha ferramenta que hai ou se pode instalar na rede e que se está a converter na peza base da aprendizaxe aberta e a distancia nun modelo educativo innovador e colaborativo. 

É un fantástico dispositivo de comunicación, contenedor e distribuidor de coñecementos  e que ademais nos ofrece un espacio magnifico para interactuar, orientar e avaliar ao alumnado que participa no curso programado nesa aula virtual.

Para poder crear ou traballar nunha Aula Virtual necesitamos, por un lado, un ordenador con conexión a internet cun sistema operativo Windows, Linux ou Mac, un procesador como mínimo Pentium IV ou equivalente cun espacio mínimo libre de memoria de 20 Mb e é recomendable aínda que non imprescindible unha impresora e por outro, unha plataforma na rede, ben en internet ou instalada en intranet  A máis usada é: 

 Hai que ter en conta que a unha aula virtual pódese acceder con diversos roles:

1. Administrador.

O Administrador terá a posibilidade de realizar calquera tarefa dentro da plataforma, tanto de tipo administrativo, como non administrativo. Encargarase da xestión da aparencia, configuración e características xerais da plataforma, así como de xestionar usuarios e roles, crear cursos, asignar titores e actuar como titor.

2. Coordinador/a.

Ten unhas capacidades intermedias, podendo realizar algunhas das funcións non permitidas aos Titores (aínda que sí ao Administrador) en relación á configuración da plataforma e do curso, tales como xestionar bloques, actualizar axustes dun curso ou xestionar grupos e actividades dentro un curso. O ámbito de actuación do coordinador limítase a un curso concreto do Aula, dando soporte aos titores das distintas convocatorias do mesmo. 

3. Profesor/a ou Titor/a.

Terá control sobre unha convocatoria dun curso específico na plataforma e sobre a actividade dos Alumnos que se atopan inscritos nela.

4. Alumno/a.

Ten a capacidade de matricularse nun ou varios cursos e acceder ás actividades suscitadas polos Titores en cada curso.

5. Usuario/a Autentificado/a.

É todo aquel que  deron de alta na  plataforma. Terá a capacidade de xestionar as súas entradas propias (perfil, blog,...), pero necesitará que se lle permita o acceso para a realización de calquera outra actividade.

6. Invitado/a

Terá acceso de "só lectura", podendo consultar os contidos dos cursos (sempre que o Titor permita o acceso a invitados), pero sen capacidade para realizar actividades (participar en foros, enviar mensaxes, editar páxinas wiki, contestar a cuestionarios, enviar tarefas, contribuír ao contido ou comentarios nos glosarios, etc.) e interactuar cos alumnos.

Por defecto, todo usuario ao darse de alta no Aula Virtual terá o rol de Usuario Autentificado. Será posteriormente cando o Administrador encárguese de asignarlle o seu rol definitivo, segundo as funcións que vaia a desempeñar e para os diferentes contextos.

Neste curso, explicaremos como utilizar a aula dende o punto de vista de alumno/a, é dicir, un manual  de como utilizar Platega para facer este  curso, e dende o punto de vista dun/ha Profesor/a-Titor/a, é dicir como podedes crear e utilizar un curso dentro dunha plataforma  coma pode ser MOODLE  para utilizar nas vosas clases.