Coma alumno/a. Platega

             Unha vez que estamos dados de alta no curso, co usuario e contrasinal da conta de correo Edu entramos na plataforma de Platega e aparece un  entorno similar ao da imaxe de abaixo, case que todas as aulas virtuais teñen a mesma estructura:

 

Unha barra horizontal de Navegación na parte superior que abarca toda a páxina.

Dous marcos laterais que están, a súa vez, divididos en Bloques, que dependendo do administrador/a do curso poden variar. normalmente o marco da esquerda ten información estática (non varía moito) e o marco da dereita ten información dinámica (se actualiza a miúdo)

Unha parte central na que aparece toda información que quere trasmitir a o longo do curso. Pode estar dividida por temas como é este caso, ou por sesións.

Pero ben, iremos vendo a aula virtual pouco a pouco.