Saltar navegación

Configurar a diapositiva

Neste momento, imos configurar a forma en que se visualizará a nosa presentación; para iso, abrimos o menú Presentación de diapositivas e prememos en Configuración da presentación.

En Intervalo, podemos escoller que diapositivas se visualizarán nunha presentación concreta e en que orde.

configurar

  • Ao activar Todas as diapositivas, mostraranse na presentación todas as diapositivas.
  • Porén, en Desde, podemos determinar cal será a primeira diapositiva que se visualice.
  • A opción Presentación personalizada de diapositivas require un paso previo noutro lugar do menú. No mesmo menú Presentación, existe unha opción de igual nome Presentación personalizada de diapositivas. Aquí poderemos marcar unha orde alternativa para empregar na nosa presentación de xeito puntual. Se anteriormente definimos unha orde neste menú, agora poderemos seleccionala para aplicala á presentación actual.
animacion
Volvemos á nosa pantalla anterior, Presentación de diapositivas. Nas opcións incluídas en Tipo seleccionamos o modo en que se executará a presentación: 
  • Predefinido. A presentación visualizarase de xeito completo e controlado por nós.
  • Ventá. A presentación executarase na ventá do documento e non na pantalla completa.
  • Automático. O modo automático é unha visualización completa na pantalla que se repetirá constantemente ata que decidamos finalizala premendo a tecla (Esc). Podemos establecer a duración da pausa entre as repeticións da presentación.
Na parte da dereita, aparecen as Opcións. Estas opcións permítennos determinar a forma en que debe transcorrer a presentación. Por exemplo, en Avance manual de diapositivas, teremos que premer na tecla da frecha dereita ou na tecla Enter para visualizar a seguinte diapositiva. Co botón esquerdo do rato pasamos ao seguinte efecto de animación. Coa tecla da frecha esquerda veremos a diapositiva anterior.