Para comezar a nosa presentación, deseñaremos unha portada. Podemos premer, por tanto na diapositiva que ten por nome Só título.
![so titulo so titulo](https://www.edu.xunta.gal/centros/abalar/aulavirtual2/pluginfile.php/2071/mod_scorm/content/0/Impress_8.png)
Como ves, no deseño das diapositivas é importante a aplicación de patróns de contido ou deseños. Este é un paso moi sinxelo, abonda con seleccionar o patrón que se axuste ao que queremos dentro do apartado Deseños do Panel de Tarefas.