Saltar navegación

Definir transicións

Cando falamos de transicións referímonos á forma en que unha diapositiva dá paso á seguinte. Existen moitos efectos que podemos previsualizar para escoller o que máis nos guste.

Para iso, debemos seleccionar a diapositiva ou diapositivas onde desexamos engadir un efecto de transición. No Panel Tarefas, imos a Transición de diapositivas. Agora apareceranos unha listaxe de efectos.

Ao seleccionar calquera das opcións dispoñibles, iremos visualizando o efecto aplicado á diapositiva, sempre que teñamos elixida a opción Previsualización automática (na parte inferior do panel Tarefas). 

transicion


Tamén existe a posibilidade de axustar a velocidade da transición e de engadirlle algún son.

Un pouco máis abaixo, en Avanzar diapositiva, podemos escoller se avanzamos dunha diapositiva a outra  premendo sobre o rato ou se preferimos facelo de forma automática. Neste último caso, marcaremos en segundos o tempo que dura cada diapositiva.

Podemos aplicarlle a cada diapositiva un efecto de transición diferente. Tamén podemos premer no botón Aplicar a todas as diapositivas e así o efecto seleccionado aparecerá na transición de cada diapositiva da nosa presentación.