Despois de elixir o deseño e o modelo máis axeitado continuamos construíndo a portada, neste caso baseándonos no modelo Grey e no deseño Só título. Introducimos o título simplemente facendo clic nos lugares indicados polo deseño.
Podemos darlle formato ao texto seleccionándoo co cursor e aplicándolle cor, letra grosa, cursiva, modificar a fonte, poñer unha numeración ordenada... na barra de ferramentas.
As ferramentas de edición de texto son moi intuitivas, semellantes a un procesador de textos.
Agora xa temos unha portada moi sinxela: