Saltar navegación

Configuración manual

Os centros que elixan manter unha configuración manual no seus dispositivos deben realizar o  proceso de migración dos enderezos IPs dos equipos  da Clase A pública 69.__.__.__ á privada 10.__.__.__

Este proceso estase a realizar de xeito que, temporalmente, pódense empregar no  centro, tanto os enderezos IPs da clase 69 cos que xa estaba traballando o centro actualmente, coma os novos da clase 10 asignada, permitindo así que a transición sexa o máis sinxela posible e se pode acometer dun xeito progresivo. ( A convivencia dos dous enderezos expira o 30 de novembro de 2017; a partir desta data non sairá a rede ningún equipo con enderezo 69)

Nos centros, e como norma xeral,(*)  o cambio consiste en:

  1. Na substitución do primeiro octeto dos enderezos IPs dos equipos, de xeito que o enderezo IP 69.__.__.__pasa a 10.__.__.__. O rango habilitado de novos enderezos é dende o 10.__.__.50 ata 10.__.__.240
  2. Na substitución dos dous servidores DNS que cada equipo ten configurado actualmente, que deben ser substituídos por un único servidor no apartado DNS principal co enderezo IP 10.180.188.75
  3. Na substitución da porta de enlace que cada equipo ten configurada que pasara de 69.__.__1 a 10.__.__.1.

(*) Existen illadas excepcións a esta norma que son coñecidas polos equipos directivos dos centros. Para calqueira aclaración poñerse en contacto coa UAC.