Configuración automática
Os centros teñen a posibilidade de configurar un servizo de DHCP, para que todos os dispositivos poidan obter o seu direccionamento IP de xeito dinámico (DHCP). (Agás aqueles que requiran unha IP estática :servidores, impresoras, ...)
Neste caso o centro tería que:
- Solicitar a activación do servizo DHCP á UAC
- Seleccionar na configuración de rede de cada equipo as opcións de “Obter a IP dinamicamente” e “Obter DNS dinamicamente”
Dita posibilidade (solicitar e empregar o servizo DHCP corporativo) só deberá ser solicitada por centros que non teñan activo un servizo DHCP interno que poda interferir co servizo corporativo.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Sen obra derivada 3.0