O Día das Escritoras é unha iniciativa organizada entre a Biblioteca Nacional de España, a Federación Española de Mujeres Directivas e Executivas Profesionais e Empresarias (FEDEPE) e a Asociación Clásicas e Modernas, asociación para a igualdade de mulleres e homes na Cultura. Ademais, contará coa colaboración de Asociación Colexial de Escritores (ACE) e o Centro Español de Dereitos Reprográficos (CEDRO). Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia.
Como en edicións anteriores, a data elexida é o luns máis cercano á festividade de Teresa de Jesús, o 15 de outubro. A IX Edición celébrase este ano 2024 o 14 de outubro baixo o lema " A periferia da periferia: Mulleres que miraton ao mundo rural".
"Por iso o próximo 14 de outubro acordarémonos de marabillosas escritoras, poetas e pensadoras como Concha Espiña, Santa Teresa, Dolores Medio, Mariluz Escribano, Margarita Nelken, Rosalía de Castro, María Zambrano, Gabriela Mistral ou Ernestina de Champourcin. Pero tamén das que non puideron selo. Pois elas e non outras son as que mantiveron e manteñen vivo ese mundo rural e a súa cultura, ese campo, esa periferia á que, en xeral, miramos pouco e mal".
Ana Iris Simón, comisaria da IX Edición do Día das Escritoras 2024
Desde as bibliotecas escolares propomos que se visibilice a obra das escritoras galegas, ben a través dunha exposición, ben lendo fragmentos nunha maratón literaria ou mesmo nos clubs de lectura ou a través de actividades de investigación, exploración ou creación...
Animamos a toda a comunidade educativa a participar nesta actividade que visbilizaremos a través desta páxina e nas redes sociais. #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #DíaDasEscritoras
- TEXTOS SELECCIONADOS POR ANA IRIS SIMÓN
- SELECCIÓN DE TEXTOS EN GALEGO (Colaboración de Xosé Mª Lores, Paz Pereiro e Pilar Sampedroi)
Actividades nas bibliotecas escolares de Galicia:
- CEIP A Cristina (Carballo-A Coruña): Creación dixital "Elas Contan"
- CEIP Barrié de la Maza (Sta. Comba-A Coruña): Navegando entre escritoras
- CEIP Bergantiños (Carballo-A Coruña): Conmemoración do Día das Escritoras
- CEIP P. Irmáns Villar (Ourense): Parabéns, Irene Santás Martínez!
- CEIP Milladoiro (malpica de Bergantiños-A Coruña): Elas escriben... Teatro en Galego!
- CEIP P. O Ruxidoiro (Barbadás-Ourense): Día das mulleres escritoras
- CPI As Revoltas (cabana de Bergantiños-A Coruña): Elas contan
- CPI Dr. López Suárez (O Saviñao-Lugo): Día das Escritoras 2024
- EEI San Roque (Viveiro-Lugo): As nosas favoritas!!!
- IES Alfredo Brañas (Carballo-A Coruña): Día das Escritoras
- IES Illa de San Simón (Redondela-Pontevedra): Colaboración con Radio Redondela
- IES Pazo da mercé (As Neves-Pontevedra): Homenaxe a dúas escritoras das Neves
- IES Ramón Otero Pedrayo (Ourense): Día das escritoras
- IES San Paio (Tui-Pontevedra): Día das Escritoras