O Día das Escritoras é unha iniciativa promovida pola Biblioteca Nacional de España en colaboración coa Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE) e coa Asociación Clásicas y Modernas. Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia.
Como en edicións anteriores, a data elexida é o luns máis cercano á festividade de Teresa de Jesús, o 15 de outubro. A V Edición celébrase este ano 2020 o 19 de outubro baixo o lema "O esforzo cotián das mulleres". "Ben se podería dicir que a literatura escrita por mulleres está a miúdo esporeada por unha conciencia esencial do esforzo." , explica Elvira Lindo, comisaria desta V Edición do Día das Escritoras 2020.
Desde as bibliotecas escolares propomos que se visibilice a obra das escritoras galegas, ben a través dunha exposición, ben lendo fragmentos nunha maratón literaria ou mesmo nos clubs de lectura ou a través de actividades de investigación, exploración ou creación...
Animamos a toda acomunidade educativa a participar nesta actividade que visbilizaremos a través desta páxina e nas redes sociais. #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #DíaDasEscritoras
"Tócanos facer as cousas ás agachadas, que non se note que estamos, porque somos invisbles como o ar. O que non saben, ou non pensan, é que o ar se coa en todos os recantos precisamente poque non se ve. Así facemos nosoutras."
Eva Mejuto "Memoria do silencio" (Editorial Xerais)
- CEIP A Carballeira (Pontevedra): Día das Escritoras (galegas) 2020
- CEIP P. A Pedra (Bueu-Pontevedra): Día das Escritoras
- CEIP de Celeiro (Viveiro-Lugo): Día das Escritoras
- CEIP de Cespón (Boiro-A Coruña): Vídeo "Día das Escritoras"
- CEIP Coirón-Dena (Meaño-Pontevedra): 19 de outubro. Día das Escritoras
- CEIP Eduardo Pondal (Vigo-Pontevedra): Invitación, Actividades Día das Escritoras
- CEIP Emilia Parzo Bazán (A Coruña): Comezo do PDI, Microrrelatos do Día das Escritoras
- CEIP P. Enrique Barreiro Piñeiro (Cambados-Pontevedra): Celebramos o Día das Escritoras
- CEIP Filomena Dato (Barbadás-Ourense): Día das Escritoras
- CEIP Flavia (Padrón-A Coruña): Día das Escritoras
- CEIP de Fontes-Baíña (Baiona-Pontevedra): Día das Escritoras
- CEIP Graxal (Cambre-A Coruña): Día das Escritoras Galegas, Podcast Día das Escritoras
- CEIP Lamas de Abade (Santiago de Compostela-A Coruña): Día das Escritoras (maletas e vídeoxogo de escritoras galegas)
- CEIP P. Montemogos (Bueu-Pontevedra): Día das Escritoras 2020-Miriam Ferradáns
- CEIP Nicolás del Río (Cedeira-A Coruña): Día das escritoras, Poesía ambiental-Fusa Guillén
- CEIP P. O Ruxidoiro (Barbadás-Ourense): Día das Escritoras
- CEIP P. de Oca (A Estrada-Pontevedra): Día das Escritoras 202
- CEIP da Pobra do Brollón (A Pobra do Brollón-Lugo): Podcasts Día das Escritoras
- CEIP Salgado Torres (A Coruña): Día das Escritoras
- CEIP Santa María A Real (Entrimo-Ourense): Día das Escritoras
- CEIP Torre-Cela (Bueu-Pontevedra): Celebramos o día das escritoras galegas
- CEIP Virxe do Carme (Sober-Lugo): Día das Escritoras 2020: Yolanda Castaño
- CPI As Revoltas (Cabana de Bergantiños-A Coruña): Escritoras e compositoras galegas
- CPI Virxe da Saleta (Cea-Ourense): Día das Escritoras 2020
- EEI de Barrionovo (Arteixo-A Coruña): Encontros BN na rede: Día das Escritoras
- EEI San Roque (Viveiro-Lugo): Día das Escritoras
- IES Johan Carballeira (Bueu-Pontevedra): A forza das mulleres
- IES Lamas de Castelo (Carnota-A Coruña): Día das Escritoras 2020
- IES de Quiroga (Quiroga-lugo): Concurso A túa escritora favorita, Mulleres escritoras
- IES San Paio (Tui-Pontevedra): Xeografías de Escritoras , As xeografías líricas dunha Nobel
- IES P. Terra de Turonio (Gondomar-Pontevedra): Exposición Día das Escritoras
- IES Universidade Laboral (Culleredo-A Coruña): Día das Escritoras, Axúdanos a completar a listaxe de mulleres galegas escritoras
- IES de Vilalonga (Sanxenxo-Pontevedra): Día das Escritoras