Skip to Content

Día Mundial do Teatro

Shahid NadeemO dramaturgo paquistaní Shahid Nadeem,  director do famoso Teatro Ajoka e creador de máis de 50 obras orixinais e varias adaptacións de Brecht, é o autor da Mensaxe do Día Mundial de Teatro deste ano. Velaquí algúns fragamentos desta mensaxe:

O teatro como santuario

    Ao final dunha representación da obra de teatro de  Ajoka sobre o poeta  sufí  Bulleh  Shah, un ancián, acompañado por un neno, achegouse ata o actor que interpretara o papel do gran  sufí. "O meu neto non se atopa ben, poderías bendicilo?", dixo. O actor sorprendeuse e contestou: "Non son  Bulleh  Shah, só son un actor que interpreta o papel". O ancián entón contestou: "Fillo, non es un actor, es unha  reencarnación de  Bulleh  Shah, o seu Avatar".

    De súpeto, ocorréusenos un concepto completamente novo de teatro, onde o actor convértese na  reencarnación do personaxe que interpreta.

    Explorar historias como a de  Bulleh  Shah, historias como esta existen en todas as culturas e poden converterse nunha ponte entre nós, os creadores de teatro, e unha audiencia descoñecida pero entusiasta.

    Mentres actuamos no escenario, ás veces deixámonos levar pola nosa filosofía do teatro, no noso papel como precursores do cambio social ás veces deixamos atrás a gran parte da comunidade.

    No noso compromiso cos desafíos do presente, privámonos das posibilidades dunha experiencia espiritual profundamente conmovedora que o teatro pode proporcionar.

    No mundo de hoxe onde a intolerancia, o odio e a violencia están en aumento, o noso planeta está a afundirse cada vez máis nunha catástrofe climática, necesitamos repoñer a nosa forza espiritual.

    Necesitamos loitar contra a apatía, o letargo, o pesimismo, a avaricia e o desprezo polo mundo en que vivimos, polo planeta no que vivimos.

    O teatro ten un papel, un papel nobre, debe dinamizar e facer avanzar á humanidade, axudala a levantarse antes de que caia nun abismo.

    O teatro pode converter o escenario nun templo, o espazo de actuación, en algo sacro. No sur de Asia, os artistas tocan con reverencia o piso do escenario antes de pisalo, unha antiga tradición na que o espiritual e o cultural estaban entrelazados.

    É hora de recuperar esa relación  simbiótica entre o artista e o público, o pasado e o futuro. Facer teatro pode ser un acto sacro e os actores poden converterse nos avatares dos papeis que desempeñan.

    O teatro ten o potencial transformador de converter a escena nun santuario e ese santuario nun espazo de actuación.

 

Para ler a mensaxe completa entra no documento adxunto.

AdxuntoTamaño
mensaxe_día_teatro_completo.pdf47.16 KB


page | by Dr. Radut