Listaxe provisional de solicitudes declaradas procedentes ou improcedentes da concesión das comisións de servizos por motivos de saúde (2018)

Ven, 15/06/2018 - 11:59

Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba o listado provisional de solicitudes declaradas procedentes ou improcedentes da concesión das comisións de servizos por motivos de saúde, reguladas pola Orde do 30 de abril de 2007 (Diario Oficial de Galicia do 9 de maio).

Así mesmo publícase o Anexo de solicitudes excluídas do profesorado que non realizou a súa petición a través da aplicación informática e están excluídos

  • O prazo de reclamacións comeza o día 18 de xuño de 2018 e remata o día 22 de xuño de 2018, ambos inclusive.

  • As reclamacións á resolución provisional deberán dirixilas á Xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación e O.U da correspondente provincia segundo consta nas referidas Resolucións.