Comisións de servizos por motivos de saúde (2018)
Prazo de solicitude de comisión de servizo en atención a situacións especiais por motivos de saúde para o curso académico 2018/19
O primeiro prazo para solicitar unha comisión de servizos por razóns de saúde é o comprendido entre o 15 de abril de 2018 e o 30 de abril de 2018, ambos inclusive.
Poderán solicitar unha comisión de servizo por motivos de saúde neste prazo todo o persoal docente dos corpos de catedráticos, de profesores de ensino secundario, de profesores técnicos de formación profesional, de profesores de música e artes escénicas, de profesores de escolas oficiais de idiomas, de profesores de artes plásticas e deseño ou mestres de taller de artes plásticas e deseño, e mestres que non participaran no concurso de traslados, e o profesorado interino, profesorado de relixión e profesorado procedente doutra Comunidade Autónoma.
O segundo prazo para solicitar unha comisión de servizos por motivos de saúde é o comprendido entre o 19 de abril de 2018 e o 3 de maio de 2018, ambos incluídos.
Poderán solicitar unha comisión de servizo por motivos de saúde neste prazo todo o persoal docente dos corpos de catedráticos, de profesores de ensino secundario, de profesores técnicos de formación profesional, de profesores de música e artes escénicas, deprofesores de escolas oficiais de idiomas, de profesores de artes plásticas e deseño ou mestres de taller de artes plásticas e mestres que participaron no concurso de traslados.
Para solicitar unha comisións de servizos deberá acceder ao enderezo www.edu.xunta.gal/cadp e deberá facer a súa solicitude a través desta aplicación informática.
Teléfonos de contacto:
- Profesorado de secundaria: 981-545406, 981-545255, 981-545409, 981-545494, 981-545445
- Mestres: 981- 544482 , 981 -545440 , 981-544487, 981-957825, 981-545495, 981-544483
Correos electrónicos:
- Profesorado de secundaria: persoal.secundaria@edu.xunta.es
- Mestres: persoal.primaria@edu.xunta.es
Orde do 30 de abril de 2007: Convocatoria de comisión de servizo por motivos de saúde (DOG) Corrección de erros da convocatoria (DOG) Orde do 20 de abril de 2018 pola que se modifica a Orde do 30 de abril de 2007 (DOG) Resolución provisional asinada Listaxe provisional de Mestres Listaxe provisional de Secundaria Listaxe provisional de Relixión Anexo de solicitudes excluídas do profesorado Resolución definitiva asinada Listaxe definitiva de Mestres Listaxe definitiva de Secundaria Listaxe definitiva de Relixión Anexo definitivo de solicitudes excluídas do profesorado