Resolución da Convocatoria do Proxecto Escornabots na biblioteca escolar 2017- Centros PLAMBE
Mér, 03/05/2017 - 11:59
Xúntase a Resolución de 2 de maio de 2017 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se resolve a convocatoria do proxecto piloto ESCORNABOTS NA BIBLIOTECA ESCOLAR, para a introdución dos robots e da linguaxe de programación nas bibliotecas escolares dos centros públicos que matriculan alumnado de educación infantil e primaria, integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares, para o ano 2017.