Premios Mentes AMI

O proxecto Mentes AMI da Fundación Atresmedia busca recoñecer e dar visibilidade ao traballo docente no desenvolvemento de competencias mediáticas, dixitais e da información nas aulas, así como fomentar o pensamento crítico, a creatividade e os valores entre o alumnado.
Os premios están abertos a iniciativas que promovan estas competencias, desenvolvidas durante o curso académico 2024/25, con alumnado das etapas de educación infantil, primaria, secundaria obrigatoria, bacharelato e formación profesional (graos básico e medio), e alumnado menor de 18 anos de escolas de segunda oportunidade.
Os centros educativos ou profesorado, ben de xeito individual ou en equipo, interesados en participar poderán presentar os seus proxectos a través desta ligazón.
O prazo de inscrición remata o 30 de abril de 2025 ás 14:00h.