Poesía do revés

Concurso escolar de poesía en galego

Coincidindo coa celebración do Día Mundial da Poesía, o Concello de Carballo convoca o I Concurso escolar Poesía do revés, unha iniciativa da Concellaría de Normalización Lingüística que, entre outros obxectivos, pretende contribuír ao desenvolvemento e a promoción da poesía en galego no ámbito escolar, aumentar a competencia lingüística da infancia e mocidade a través da poesía, promover a interacción entre os centros escolares e o Concello a prol da normalización da lingua galega, impulsar a imaxinación, o pensamento analítico e o talento creativo e axudar no descubrimento de novos talentos infantís e xuvenís.

O concurso está aberto á participación do alumnado de primaria, secundaria, ciclos formativos e bacharelato do concello.

Os centros escolares que desexen participar neste concurso deberán presentar as súas solicitudes de participación xunto coas composicións poéticas dos alumnos e alumnas, preferentemente por vía electrónica ata o 11 de abril.

 

Bases

Máis información

Palabras clave: