Olimpíadas de Economía

VIII edición

Preséntase a oitava edición, a primeira en España, das Olimpíadas de Economía, a competición internacional máis innovadora e de maior crecemento en materia de economía, educación financeira e emprendemento para estudantes da ESO e bacharelato (de 14 a 18 anos).

As Olimpíadas de Economía atópanse baixo os auspicios da Academia Olímpica Internacional, a institución educativa e cultural fundada en 1961 polo Comité Olímpico Internacional. Son, esencialmente, un proxecto formativo que se executa a través dunha competición con catro roldas eliminatorias, dúas telemáticas e dúas presenciais, unha en Madrid e outra en Olimpia (Grecia). 

Son completamente gratuitas para o alumnado e os centros educativos, incluidos os recursos e ferramentas formativas, as viaxes ás roldas presenciais, o aloxamento, a manutención, as actividades culturais e formativas, etc.

O prazo de inscrición está aberto ata o día 25 de febreiro e efectuarase a través desta ligazón.

Máis información

Documento informativo

Palabras clave: