Premios Mil Primaveras
A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) anuncia a sexta edición dos Premios Mil Primaveras, destinados a recoñecer proxectos que promovan e poñan en valor o uso do galego, coa colaboración da Deputación de Pontevedra. Os premios, creados en 2019, buscan visibilizar boas prácticas en normalización lingüística e inspirar novas accións.
Poden optar a estes premios todas as accións, campañas, programas e proxectos que teñan como obxectivo principal fomentar a lingua e incrementar o seu uso e/ou prestixio, e que foran desenvolvidos total ou parcialmente en 2021, 2022, 2023 ou 2024.
O prazo de inscrición está aberto do 16 de outubro de 2024 ao 31 de xaneiro de 2025.
Palabras clave: