Estancias profesionais docentes
O Instituto Nacional de Tecnoloxías Educativas e de Formación do Profesorado (INTEF) convoca o programa de Estancias profesionais docentes dirixido a profesorado de niveis non universitarios que realizan visitas a centros educativos en distintos países de Europa.
Este ano, a convocatoria mantén o número de prazas ofertadas, sumando un total de 120, e consolídanse os países de acollida: Alemaña, Austria, Bélxica, Dinamarca, Estonia, Finlandia, Francia, Irlanda, Italia, Malta, Noruega, Países Baixos, Portugal, Reino Unido, Suecia e Suíza. A contía da axuda aumenta a 1500 euros.
As estancias teñen unha duración de dúas semanas e pódense realizar desde novembro do 2024 ata agosto de 2025. Durante este período, o profesorado terá a posibilidade de participar noutros contextos educativos coa finalidade de mellorar as súas competencias profesionais a través da observación directa do funcionamento do centro, o intercambio de boas prácticas pedagóxicas e mesmo a realización de proxectos futuros comúns.
Prazo de presentación de solicitudes: do 3 ao 22 de maio de 2024 (ambos os incluídos).