Concurso de imaxes gráficas e pezas audiovisuais

Día internacional contra a Violencia de Xénero

Con motivo da celebración do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, a Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero e a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa convocan un concurso de imaxes gráficas e pezas audiovisuais.

O obxecto do concurso é a realización de traballos coa finalidade de promover a reflexión sobre a loita contra a violencia de xénero dentro dos centros educativos de Galicia, a través dunha acción que fomente a participación cidadá no rexeitamento público e frontal contra a violencia de xénero e sensibilizar sobre a importancia de valores como o respecto e a igualdade entre mulleres e homes.

Poderá participar no concurso calquera centro educativo de ensino non universitario que imparta ensinanzas de primaria, ESO, bacharelato, formación profesional e ensinanzas especiais de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia.

O prazo de presentación dos traballos remata o día 8 de novembro de 2024, ás 15:00 horas.

Máis información