Tíralle da lingua
Concurso de relato oral 2023
A Asociación Socio-Pedagóxica Galega organiza a vixésimo segunda edición deste certame, dirixido á comunidade educativa, co obxectivo de normalizar o uso oral do galego e contribuír a que este idioma se converta en instrumento normal de comunicación e creación de historias no ámbito educativo.
Os participantes poderán contar historias en galego, de base popular, de base literaria ou de creación propia, durante un tempo máximo de cinco minutos. Na fase final o xurado outorgará un primeiro premio de 250 euros e, se o considerase oportuno, un segundo de 150 euros. Os centros de ensino dos participantes premiados tamén recibirán un premio do mesmo importe.
O prazo para realizar a inscrición remata o vindeiro 14 de novembro de 2023.
Palabras clave: