Ruiz Picasso. A Coruña 1894 - París 1922
“Ruiz Picasso, A Coruña 1894 / París 1922” é unha exposición coa que a Fundación María José Jove se suma á conmemoración do 50º aniversario da morte de Pablo Picasso. A mostra poderá contemplarse ao longo de 2023 na Sala de Arte da Colección na sede da Fundación na Coruña.
A mostra acompáñase dunha programación didáctica. Para os centros escolares ofrécese “Se eu fose Picasso”, unha visita- taller para reflexionar sobre as temáticas, pensamentos e estilos que farán recrear conceptos picassianos. Para o público adulto, prográmanse charlas ao redor da figura do pintor, abarcando diferentes aspectos: desde a súa acción artística ata a súa faceta persoal e, seguindo o guion expositivo, as interrelacións entre el con outros artistas, así como os espazos nos que habitou.
Visitas previa cita no teléfono 981 160 265.