Premios Isabel Zendal
A Universidade da Coruña, por medio da Unidade de Divulgación Científica e Cultural e en colaboración co Círculo Escéptico, organiza a V Edición dos Premios Isabel Zendal de Promoción do Pensamento Crítico.
Este concurso ten como obxectivo fomentar a práctica do escepticismo, entendido como o pensamento crítico e racional, ferramenta indispensable para a comprensión do mundo e a toma de decisións na vida diaria, especialmente entre a xuventude, vítima en moitas ocasións do engano, a manipulación e a difusión de noticias e crenzas falsas.
O xénero literario será o artigo periodístico, a exposición divulgativa dun experimento desenvolvido polo alumnado, o conto ou o relato curto.
Os traballos integrarán os valores do pensamento escéptico e científico, a difusión do coñecemento, a perspectiva de xénero, a ciencia e os seus métodos e a refutación das pseudociencias, a loita contra a difusión de enganos e noticias falsas, así como a loita contra as diferentes violencias que se perpetúan a través de loias que atentan contra a dignidade das mulleres, colectivos LGTBI+ ou inmigrantes, entre outros.
O concurso vai dirixido ao alumnado de ESO e Bacharelato, establecendo as seguintes categorías:
Categoría A: alumnado de 1º a 3º ESO e de FP básica.
Categoría B: alumnado de 4º ESO a 2º bacharelato e de ciclos formativos de grao medio.
O prazo de presentación dos traballos remata o 21 de abril de 2023 ás 14:00 h.