Memoria histórica do Ferrol de entre o mar e as murallas

Monografía coral sobre a historia de Ferrol

Baixo a coordinación de Guillermo Llorca Freire, a editorial Embora publica a oitava entrega das súas monografías corais sobre a historia de Ferrol, unha empresa de historia urbana local que comezou a súa andaina en 2015 agrupando máis dun centenar de colaboracións de todos aqueles que aman a historia da cidade departamental.

Temas como a construción das primeiras murallas, a creación da capital marítima, a Academia de Enxeñeiros Maquinistas, o traballo nos estaleiros ou o deporte, entre outros moitos, compoñen esta obra que inclúe numerosas fotografías.

Trátase dun esforzo investigador extraordinario que coloca a Ferrol á cabeza das historias urbanas españolas.

Palabras clave: