IV Certame de poesía e microrrelato

A área de normalización lingüística do Concello de Cabanas convoca o IV Certame de Poesía e Microrrelato, un concurso literario que se enmarca na programación coa que Cabanas celebra o Día das Letras Galegas, que este ano 2023 conmemora a figura de Francisco Fernández del Riego.

O certame ten como principal obxectivo fomentar o uso e o prestixio da lingua galega, en calquera das súas normativas, a través da expresión artística e a creatividade. Como principal novidade, ademais da poesía, este ano o certame abre a porta á creación de microrrelato, o que aumenta a catro o número total de categorías:

- Poesía infantil e xuvenil (até 17 anos, incluídos).

- Poesía adulta (a partir de 18 anos).

- Microrrelato infantil (até 17 anos, incluídos).

- Microrrelato adulto (a partir de 18 anos).

O prazo de envío dos traballos, que deberán ser textos inéditos e integramente en lingua galega, remata o 14 de maio.

 

Bases

Ficha de inscrición

Palabras clave: