I Premios de benestar emocional no ámbito educativo

A Secretaría de Estado de Educación convoca estes premios que teñen por obxecto recoñecer o esforzo realizado polos centros educativos e a súa contribución á mellora da calidade da educación.
Os beneficiarios da convocatoria son os centros educativos españois sostidos con fondos públicos que desenvolvesen proxectos de actuacións de promoción e coidado do benestar emocional.
Establécense dúas modalidades:
a) Modalidade A: centros que impartan ensinanzas de Infantil e Primaria (incluídos centros de Educación Especial).
b) Modalidade B: centros que impartan ensinanzas de Secundaria Obrigatoria, Ciclos de Formación Profesional Básica e de Grao Medio e ensino de Persoas Adultas (incluídos centros de Educación Especial).
Os centros educativos poderán optar unicamente por unha das dúas modalidades.
O prazo de presentación de solicitudes finalizará ás 14:00 horas do día 24 de abril de 2023.