Ciencia parece pero non é
A Xunta de Galicia pon en marcha este novo programa de fomento da cultura científica, Ciencia parece pero non é, no que recoñecidos divulgadores achegarán claves sobre diferentes aspectos da ciencia e a tecnoloxía de xeito entretido a través de charlas dirixidas a todos os públicos, especialmente do eido educativo, para estimular o pensamento crítico.
Estas charlas celebraranse ente os meses de xaneiro e xuño de 2023, ás 18:00 horas, no Auditorio Neira Vilas da Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela. Tamén se poderán seguir vía streaming no perfil de Youtube da Consellería de Educación.