Campus de profundización científica

Bolsas para alumnado de 4º ESO

A Secretaría de Estado de Educación do MEFP convoca, en réxime de concorrencia competitiva, 80 bolsas para participar no programa «Campus de profundización científica para estudantes de educación secundaria obrigatoria» que se celebrarán en Soria durante o mes de xullo de 2023.

As bolsas están dirixidas a alumnos que no curso escolar 2022/23 estean a cursar ensinanzas de cuarto curso de educación secundaria obrigatoria (ESO) en centros docentes españois sostidos con fondos públicos.

O prazo de presentación de solicitudes está aberto ata as 14:00 horas do 21 de abril de 2023.

Máis información

Palabras clave: