Aprendendo a incluír

Charlas prácticas sobre inclusión e educación

A Fundación María José Jove e COGAMI imparten un ciclo de tres charlas que teñen como obxectivo sensibilizar, desde unha perspectiva práctica, acerca da realidade da inclusión no ámbito educativo. Dirixidas a profesores e formadores en calquera disciplina, familias e público en xeral, cada unha delas aborda contidos e historias de vida sobre aspectos clave en materia de inclusión, como a presenza dunha escola inclusiva na vida das persoas con discapacidade, a importancia da educación temperá no ámbito familiar e educativo ou o acoso como ferramenta de exclusión social, comezando polo ámbito escolar.

As tres charlas prácticas deste ciclo desenvolveranse os xoves 13, 20 e 27 de abril, de 17:30 a 19:30 horas, no salón de actos da sede da Fundación María José Jove na Coruña.

O formato desta actividade é práctico e inclúe un coloquio a modo de peche. Actividade gratuíta previa inscrición na web da Fundación. A inscrición efectúase de forma íntegra nas tres charlas.

Prazo de inscrición aberto entre o 21 de marzo e o 11 de abril de 2023.

Máis información

 

Palabras clave: