Senda Litoral de Galicia

Concurso de curtas

A Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional convocan o Concurso de curtas Senda Litoral de Galicia. Este certame, que conta ademais coa colaboración da Axencia de Turismo de Galicia, a Fundación Galicia Sustentable, Enerxías de Portugal Renovables (EDPR) e o Festival de Cans, é unha das iniciativas programadas para pór en valor este itinerario e os valores culturais e naturais que se atopan no seu percorrido, entre os que salienta a lingua.

Está destinado ao alumnado dos centros docentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade que impartan ensinanzas de educación secundaria (ESO, bacharelato, formación profesional básica e ciclos formativos de grao medio) e especiais de grao medio, sostidas con fondos públicos.

Os vídeos, de temática relacionada coa Senda Litoral de Galicia, deberán ser en galego e cunha duración máxima de 5 minutos.

O prazo para solicitar a participación rematará o 28 de febreiro e a data límite de envío dos vídeos será o 31 de marzo de 2022.

Convocatoria

Solicitude

A Senda dos Faros